Día da Terra 2013
Plataforma Ríos Limpos
“O TREN sí, mais NON ASÍ”
As obras do AVE están destruíndo o patrimonio natural, a etnografía, o patrimonio cultural…coa permisividade e deixadez das distintas administración públicas (concellos, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Goberno español)
20, 21 e 22 DE ABRIL
“AVE, asi Non” Xornadas para visibilizar a desfeita que supoñen as obras do AVE na provincia de Ourense
20 SÁBADO- Andaina e convivencia cos vecinos e veciñas de Porto-Alemparte-As Maus (Vilar de Barrio). Saída da andaina ás 10 da mañá do local social de Porto. 14 horas xantar. 16 horas roteiro guiado polos veciños e veciñas de Porto nos “Soutos” fraga autóctona co risco de desaparecer por culpa das obras do AVE. Contacontos a carón do castiñeiro milenario de “ Chaos “. Prantación de árbores, xogo de orientación, sorteo de agasallos…e o remate queimada para apartar os malos espíritus, diaños, trasnos e demais maleficios…
Prezo das actividades 5-10 euros (menores e parados de balde)
21 DOMINGO- roteiro guiado para visitar as obras do AVE, dende Campobecerros (Laza) até Taboadela (Ourense). Saída dende ….Ourense ás 10 da mañá. 10:45 área Antela Xinzo da Limia, 11:15 enlace autovía centro Verín….veremos as desfeitas das obras, a falla de medidas correctoras, o forte impacto medioambiental e paisaxistico, a falla de sensibilidade, a non integración do proxecto…
22 LUNS DÍA DA TERRA.- 20 horas, proxección de imaxes da desfeita das obras do AVE e presentación da Plataforma e dos obxectivos para parar a destrucción do patrimonio con asemblea e debate aberto ás organizacións, veciños e veciñas que queiran acudir. Edificio de Ferro do Campus de Ourense
ORGANIZA: Plataforma Ríos Limpos
COLABORAN: Veciños e veciñas de Porto e o Albergue de As Cocerizas (Amigos da Terra).
Para apuntarte podes chamar ao teléfono 988 374318 para reservar o albergue para dormir (prazas limitadas). Chámanos antes do día 18 de abril.